lunes, 14 de febrero de 2022

Semana 14-18 de Febreiro

 Esta semana continuamos traballando as emocións. Como non podía ser doutro xeito, falamos do amor e de toda a xente que queremos e nos quere e despois pintamos este osiño cheo de amor e escribimos no corazón o nome dunha persoa a que queiramos.

Escoitamos e bailamos a canción de Sonoro Maxin "Querote máis" 




domingo, 6 de febrero de 2022

SEMANA DO 7-12 DE FEBREIRO TRABALLAMOS AS EMOCIÓNS

 Esta semana comezamos a traballar as emocións, para o que empregaremos como punto de partida o conto "O monstro de cores".

Déixovos un enlace para que poidades visualizar o conto e a continuación reflexionedes sobre as distintas emocións que aparecen... coñécelas? Despois pensamos e comentamos situacións que nos fagan sentir esas emocións: pensa en algo que che faga sentir tristeza/ alegría/ calma etc

Deixovos tamén un enlace a unha páxina onde podedes facer xogos relacionados cas emocións.

Espero que o desfrutedes! Vémonos pronto. Un bico


Xogos das emocións: http://www.czpsicologos.es/evenbettergames/juegos.php