miércoles, 27 de enero de 2021

O GUERNICA DA PAZ E NON VIOLENCIA.

 O GUERNICA DA  PAZ.

Durante toda a semana trataremos  o tema da PAZ E A NON 

VIOLENCIA en clase, por mor da súa conmemoración o 30 de 

Xaneiro. Para iso eliximos traballar en torno ao  GUERNICA de 

Pablo Picasso.

-Mostramos aos nenos o cadro no computador, e pedímoslles que nos digan todo aquilo que lles inspira, se lles parecía triste ou alegre, que vían nel.... podemos axudar con  palabras moi significativas como tristeza, berros, medo, dano, auxilio, falta de cor, negro, gris e branco que se reflexan no nas figuras do cadro...

Explicamos así que se trata dun cadro do pintor PICASSO, onde se ve reflexada unha Guerra na aldea de  Guernica, onde houbo un bombardeo, e analizamos as súas partes:

– O toro: representa o medo porque é un animal bruto.

 


- Nai co seu fillo en brazos: representa o sufrimiento  da xente que vive en guerra.



- O soldado: en todas as guerras hai soldados.



 - A  pomba: casi invisible, non se ve xa que non hai PAZ senón guerra.



- O cabalo:  ferido e triste.


- Muller ferida nunha perna.
Intentando escapar das bombas. 



 -Ao rematar falamos dos inconvenientes das guerras, entendendo moito mellor o cadro, e resaltando accións que si serían de PAZ, non rifar cos compañeiros, evitar guerras e enfrontamentos, compartir, axudar...

-Como actividade plástica seguindo a línea de Picasso  transformaremos  a tristeza da guerra presente no cadro a través da falta de cor, na felicidade e bondade da paz, pintando o cadro con cores  de alegría e diversión.

CADRO: https://drive.google.com/file/d/12Zdr3I65y6cIKxsQ246Aoqwrak8fygjd/view?usp=sharing

miércoles, 20 de enero de 2021

A XOANIÑA ROSMONA

 BO DÍA NENOS E NENAS, XA ESTAMOS A PIQUES DE CELEBRAR O DÍA DA PAZ ASÍ QUE 

DEIXOVOS UN CONTIÑO DUNHAS XOANIÑAS MOI ROSMONAS PARA QUE 

REFLEXIONEDES  COS VOSOS PAPIS ACERCA DAS ACTITUDES QUE SON BOAS E AS QUE 

NON...

 

 
 
 
 
QUE FERMOSO É TER AMIGOS E FACER COSAS XUNTOS VERDADE? PERO PARA ISO TEMOS QUE FALARLLES BEN, E AS VECES; EMPREGAR PALABRAS COMO GRAZAS , POR FAVOR, OU PERDÓN!


 COIDADEVOS MOITO E ESPERO QUE VOS GUSTE! UNHA APERTA.