domingo, 20 de marzo de 2022

Semana 21-25 Marzo

 "O MONSTRO DE CORES"

Coninuamos traballando as emocións a partir do conto do noso monstro favorito.

Esta vez, temos que pintar cada monstro da cor correspondente, segundo a súa emoción.




lunes, 14 de febrero de 2022

Semana 14-18 de Febreiro

 Esta semana continuamos traballando as emocións. Como non podía ser doutro xeito, falamos do amor e de toda a xente que queremos e nos quere e despois pintamos este osiño cheo de amor e escribimos no corazón o nome dunha persoa a que queiramos.

Escoitamos e bailamos a canción de Sonoro Maxin "Querote máis" 




domingo, 6 de febrero de 2022

SEMANA DO 7-12 DE FEBREIRO TRABALLAMOS AS EMOCIÓNS

 Esta semana comezamos a traballar as emocións, para o que empregaremos como punto de partida o conto "O monstro de cores".

Déixovos un enlace para que poidades visualizar o conto e a continuación reflexionedes sobre as distintas emocións que aparecen... coñécelas? Despois pensamos e comentamos situacións que nos fagan sentir esas emocións: pensa en algo que che faga sentir tristeza/ alegría/ calma etc

Deixovos tamén un enlace a unha páxina onde podedes facer xogos relacionados cas emocións.

Espero que o desfrutedes! Vémonos pronto. Un bico


Xogos das emocións: http://www.czpsicologos.es/evenbettergames/juegos.php


lunes, 31 de enero de 2022

CARACOL E VERMIÑO (SEMANA DO 31 DE XANEIRO AO 4 DE FEBREIRO)

 Bo día nenos e nenas!!!!

Hoxe deixovos o conto "CARACOL E VERMIÑO" para recordar a importacia de compartir. Despois de ver o conto facemos a ficha. Nos recadros poñemos os nomes (CARACOL, FOLLA E VERMIÑO), despois rematamos de facer os círculos do corpo de vermiño e coloreamos.  

                                                                                                                  






lunes, 24 de enero de 2022

 Semana 24-28 Xaneiro

Continuamos traballando o día da paz...hoxe imos facer a nosa receita da paz, e escribir os ingredientes que precisamos para, entre todos, facer un mundo mellor.  Os nenos elexirán tres ingredientes que consideren fundamentais e despois, entre todos, escribimolos no arco da vella, para despois colorealo como máis nos guste.



lunes, 17 de enero de 2022


 Bos días nen@s! Neste mes de xaneiro conmemoranos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, así que imos comezar a traballalo. Para iso, imos visionar o conto "A pomba Dona Paz" de Ramón Caride e comezamos a elaborar a nosa propia pomba. Déixovos o enlace do conto e a ficha da pomba para que a elaboredes. Unha vez pintedes o peteiro e as patiñas e peguedes as ás, podedes poñer una palliña no centro para suxeitala.



 



jueves, 13 de enero de 2022

 Bos días pequen@s!! Hoxe é o primeiro día de clase despois das vacacións de Nadal, así que imos facer un repasiño das mesmas e recordar os momentos máis especiais. 

Completamos a ficha debuxando o que nos pide e os máis maiores animádevos a escribilo tamén, con axuda das familias. Un bico, vémonos pronto.💓